Xornada: Muller e agrocooperativismo en Galiza

O vindeiro 24 de marzo celebraremos, no marco do proxecto ‘Informe SAVES das Cooperativas Agrarias Galegas. Ferramenta dixital de SAVES para o emprendemento cooperativo no sector agrario’, financiado pola Rede Eusumo, o evento ‘Muller e agrocooperativismo en Galiza‘. Nestes enlaces pódese descargar a información:

A actividade, que está co-organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e se enmarca dentro do programa de actividades da Semana Universitaria da Economía Social promovida por CIRIEC, terá lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.


O evento ten o obxectivo de establecer un marco de diálogo coas persoas que forman parte do movemento cooperativo agrario galego, e debater sobre o papel que xogan as mulleres nesta contorna. Para isto contaremos coa participación de Carmen Rodríguez, presidenta de Mulleres de Seu e vicepresidenta de CLUN; Loli Calvo, presidenta da asociación Nós, As Mulleres; e Higinio Mougán, xerente de AGACA.