- Cando :
Xoves 18 de abril, ás 19.00h - Onde :
Nasa (external link) (Travesía da Galera, Pontevedra) - Quen :
Juan Rodríguez Medela (external link) e o Sindicato de Inquilinas de Vigo-Tui-Baixo Miño
Moderan : Víctor Sánchez (external link) e Alejandro Fortuny (external link) (Post-Growth Innovation Lab (external link))
Exporase o escenario do acceso á vivenda actual en Pontevedra e axudarase a imaxinar alternativas onde o crecemento económico e a especulación financeira non sexan as lóxicas que ditan o acceso a ela. Para iso, contaremos con Juan Rodríguez Medela, antropólogo afincado en Vigo que estudou o espazo urbano de Granada e formou parte do grupo de estudos antropolóxicos A Corrala, xunto ao Sindicato de Inquilinas de Vigo-Tui-Baixo Miño, un movemento social que imaxina outras formas de habitar.