- Cando :
Xoves 6 de xuño, ás 19.00h - Onde :
Museo Provincial (external link) (Rúa Padre Amoedo Carballo 3, Pontevedra) - Quen :
Julen Bollain (external link) (Mondragon Unibertsitatea (external link)), Eduardo Garzón Espinosa (external link) (Universidad Autónoma de Madrid (external link)) e Eva García Sempere (external link) (Izquierda Unida)
Este evento busca poñer en diálogo dúas propostas económico-políticas fronte aos límites planetarios : a renda básica e o traballo garantido. O acto será moderado por Eva García Sempere e contará con exposicións sobre o Traballo Garantido por parte de Eduardo Garzón e sobre Renda Básica Universal por parte de Julen Bollain. Tralas exposicións abrirase un debate co público con preguntas e respostas.
O evento poderá seguirse de maneira remota a través da canle de YouTube do Post-Growth Innovation Lab. Preme aquí (external link)para acceder á retransmisión.