ESEE-Decrecemento 2024: Mesa redonda: Partidos Políticos e Sindicatos ante o Decrecemento

  Vivimos nun contexto de crise ecosocial no que o declive dos recursos é unha realidade tanxible. A cuestión que cabe preguntarse, entón, é como imos xestionar este declive e quen decide canto, como, onde e, sobre todo, quen decrece. E neste sentido, o papel das forzas políticas e sindicais será clave. Trataremos nesta mesa de coñecer cales son as propostas dos distintos partidos políticos que, dunha maneira ou outra, manifestaron o seu recoñecemento sobre a realidade material do noso planeta, así como a posición e os traballos das distintas organizacións sindicais ao redor do decrecemento. Cunha mirada especial á necesaria xustiza social que ha de acompañar este proceso e a implicación doutras fórmulas de participación que permitan á sociedade ser parte desta transición