Date

  • June 6, 2025

    Edificio Redeiras - Berbés (Vigo)

CoBlue é un proxecto de investigación e innovación financiado pola Unión Europea a través do proxecto Reinforcing (external link)que busca afondar sobre a investigación e innovación responsable e aberta (ORRI, polas súas siglas en inglés: "Open and Responsible Research and Innovation") a partir dun caso de innovación concreto vinculado coa economía azul: a instalación dun parque eólico mariño offshore no suroeste de Galicia.  

Coa fin de analizar a situación actual e recadar a opinión de tódalas partes implicadas e/ou afectadas no desenvolvemento teste tipo de infraestruturas (administración pública, sector privado, academia e sociedade civil) tense constituido un Foro Comunitario integrado por unhas 30 persoas representantes das distintas partes interesadas que, durante tres sesións, traballarán de forma conxunta para chegar a unha proposta de recomendacións políticas que permitan definir como integrar a ORRI no desenvolvemento deste tipo de proxectos de produción enerxética. 

As sesións de traballo do Foro Comunitario terán lugar os días 6 e 13 de xuño de maneira presencial no Edificio Redeiras (Vigo) e o día 20 de xuño en modalidade virtual.

Máis información sobre o proxecto CoBLue: https://postgrowth-lab.uvigo.es/projects/coblue/ (external link)