Feria #ESDOMAR Porto de Canido (Vigo)

Date

Saturday September 26, 2026

O sábado 26 de setembro de 2026 estaremos na feira #ESDOMAR, organizada por Fundamar coa colaboración da Confraría de Pescadores de Vigo e a Unión de Cooperativas EspazoCoop, presentando a Revista T·I·A·S (external link).

Teremos a exposición Ciencia T·I·A·S na que se poderá desfrutar dalgúns dos contidos do número especial da Revista T·I·A·S, unha publicación de divulgación científica que pretende achegar á cidadanía os resultados da investigación que se realiza dende diferentes ámbitos científicos. 

Teremos tamén un posto no que repartiremos revistas e outros agasallos e convidaremos ao público a achegarse a escoitar con nos algúns dos relatos da audio-revista.

Podes atopar toda a información sobre a feira e o programa neste enlace (external link). Agardámoste!