ConcienciArte
ConcienciArte é unha iniciativa do Post-Growth Innovation Lab desenvolvida en diferentes eventos e feiras científicas que consiste en que, a través do debuxo, as persoas que participan na actividade poidan plasmar sobre o papel o que lle suxiren diferentes conceptos relacionados cos temas de estudo que se están a desenvolver dende o grupo, coma cambio climático, biodiversidade, pobreza, saúde, educación, igualdade... Se tes participado nalgún destes eventos, aquí poderás atopar a túa obra exposta.