Membros do noso grupo, conxuntamente con investigadores da Universidade Tecnolóxica de Tallín (TalTech), publican un artigo na revista Technovation, unha das máis relevantes no eido innovación en todas as súas facetas. A publicación “From creative destruction to convivial innovation – A post-growth perspective” formula unha visión crítica ao concepto de innovación e contribúe a comprender as bases dunha sociedade poscrecentista.
Para máis información, accede a este enlace.