Alejandro Fortuny participa no RIUESS e na Asemblea Xeral de CoopCycle O evento da Rede interuniversitaria de economía social e solidaria celebrouse en Lyon no mes de maio

"Naviguer au fil du temps au sein des tensions politiques et économiques: le cas des coopératives de plateforme et de CoopCycle" é o título do traballo que Alejandro Fortuny presentou no encontro  RIUESS (Rede interuniversitaria de economia social e solidaria) en Lyon. Na súa presentación expuxo os resultados do seu caso de estudo e doutorado desde os inicios de CoopCycle.

Un par de meses máis tarde, o 27 de xullo, celebrouse a Asemblea Xeral de CoopCycle, onde o investigador de Postgrowth Innovation Lab, xunto co seu compañeiro investigador e sociólogo Arthur Guichoux, fixeron unha breve presentación sobre as tensións cooperativas e como estas afectan no caso concreto de CoopCycle. Nesta ocasión Fortuny encargouse tamén da facer a traducción da asemblea.