The Right Not to Repair: Infrastructural Resistance in a Post-Growth World "dereito a non reparar" como forma de resistencia fronte á lóxica do crecemento infinito

O noso investigador Júlio J. Conde está a participar en POLLEN - Political Ecology Network 2026, o congreso internacional de ecoloxía política que reúne en Barcelona (29 xuño - 3 xullo) Universitat Autònoma de Barcelona investigadoras e investigadores de todo o mundo.
Xunto con Mario Pansera e Javier Lloveras, presenta a comunicación "The Right Not to Repair: Infrastructural Resistance in a Post-Growth World", no panel "Infrastructures of Resistance". O traballo propón o "dereito a non reparar" como forma de resistencia fronte á lóxica do crecemento infinito: negarse a manter, ampliar ou renovar certas infraestruturas pode abrir espazo para futuros socioecolóxicos alternativos.