O Comité Cidadán polo Clima de Pontevedra pecha o seu proceso de deliberación coa quinta e última sesión Cinco meses de traballo veciñal e científico rematan con propostas para reducir a pegada de carbono da alimentación no municipio

Este martes día 30 de xuño pechouse a 5ª e derradeira sesión do Comité Cidadán polo Clima de Pontevedra, iniciativa impulsada polo Post-Growth Innovation Lab (UVigo) no marco do proxecto Plataforma ODS.Desde marzo, un grupo de veciñas e veciños de perfís diversos reuniuse en cinco sesións para reflexionar sobre o ciclo de vida da alimentación -produción, consumo e distribución- e deseñar propostas concretas para reducir a pegada de carbono ligada aos hábitos alimentarios en Pontevedra.Con esta última sesión, o Comité completa un proceso de deliberación cidadá que suma coñecemento veciñal e científico para acompañar ao Concello de Pontevedra no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).