Brais Suárez Eiroa, investigador do Post-growth Innovation Lab, participa na conferencia «Together for Impact» A conferencia, organizada por MedWaves, ten lugar en Barcelona

O investigador do Post-Growth Innovation Lab (PostGrowthLab) da Universidade de Vigo, Brais Suárez Eiroa, interviu hoxe na conferencia Together for Impact. O evento, organizado por MedWaves, centro de actividade rexional do PNUMA/PAM para o consumo e a produción sostibles, celebra tres décadas de cooperación no Mediterráneo e desenvólvese no Recinte Modernista de Sant Pau.

Keynote no Med Innovation Summit

Brais presentou a keynote da terceira sesión, titulada From Pilots to Lasting Impact: Just Transition and Sustainable Business Models Across Territories.

 A sesión abordou como as solucións de Interreg Euro-MED poden pasar de proxectos piloto temporais a políticas duradeiras, modelos de negocio viables e unha transformación territorial xusta no Mediterráneo.

Sesión interactiva de prospectiva

Ademáis da keynote da terceira sesión, Brais Suárez Eiroa facilitará unha dinámica de foresight de 90 minutos en grupos de traballo. A sesión explorará posibles escenarios de sustentabilidade para o Mediterráneo e como emprendedores, innovadores e ecosistemas de apoio poden anticipar o cambio e contribuír a futuros máis resilientes e xustos. A dinámica avanzará en tres fases:

  • Futuro desexado: imaxinar o futuro que queremos para o Mediterráneo.
  • Fitos: identificar os pasos necesarios para chegar a el.
  • Barreiras e accións: definir as principais barreiras e as accións e políticas clave para superalas.

Con esta participación, o Post.Growth Innovation Lab achega a prospectiva estratéxica e a reflexión poscrecemento a un debate sobre o futuro sostible da rexión mediterránea.