ConCiencia Local Asesoramento científico municipal como aproximación á Innovacion Pública - I+P

ConCiencia Local was established with the aim of integrating Science for Policy (S4P) into local authorities, thereby helping to improve public policy.

O proxecto propón a creación dun grupo de traballo en forma de Comité Asesor Científico Municipal (CACiM) no seo do Concello de Pontevedra, composto por persoal investigador da Universidade de Vigo e persoal da administración municipal (membros do goberno local e persoal técnico).

O obxectivo principal é promover a creación de espazos para o intercambio de coñecementos e o uso da evidencia científica na toma de decisións públicas e a implementación de políticas municipais, a través dun proxecto piloto centrado nunha iniciativa ou tema específico de interese para a administración local. Utilizando métodos participativos innovadores (como os «xogos serios» ou as actividades baseadas na arte), a misión do CACiM será co-crear un plan de acción con recomendacións baseadas no coñecemento científico, que o concello poida utilizar para abordar a iniciativa ou o tema seleccionado.

O proxecto permitirá tamén a elaboración dunha guía de implementación que detalle a metodoloxía utilizada, de modo que poida replicarse para abordar outras necesidades dentro do Concello de Pontevedra, ou para que calquera outro municipio de Galicia ou España poida poñer en marcha un proxecto similar.

A iniciativa avaliarase ao longo do proxecto, e toda a información e os datos xerados rexistraranse para un estudo de investigación sobre este tipo de estratexia de innovación pública, cuxos resultados se publicarán nunha revista científica.

Equipo

Últimas novas