Plataforma ODS Plataforma de Ciencia Abierta para el desarrollo local de los ODS

The project aims to promote the implementation of the Sustainable Development Goals (SDGs) at the local level through the co-creation of evidence-based policies.

Plataforma ODS é un proxecto financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, cuxo obxectivo é promover os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) a nivel local mediante a cocreación de políticas baseadas na evidencia científica. Para iso, estase desenvolvendo unha plataforma dixital aberta para o seguimento dos ODS a nivel municipal en toda España. A iniciativa inclúe un proxecto piloto na cidade de Pontevedra para impulsar a plataforma, que consta de dúas accións:

UN PROXECTO DE CIENCIA CIDADÁ

Estase levando a cabo un proxecto de ciencia cidadá en centros de ensinanza secundaria de Pontevedra. O persoal docente e o alumnado participan na investigación científica para axudar a aclarar como abordar a crise climática a nivel municipal. O equipo de investigación de Plataforma ODS apoia ás persoas participantes para garantir o rigor de todo o proceso, de modo que os resultados poidan integrarse na plataforma dixital. Deste xeito, estes resultados poderán servir de base para a toma de decisións colectivas. A metodoloxía está deseñada para que poida replicarse noutros lugares e escolas.

UN COMITÉ CIDADÁN POLO CLIMA

O Comité Cidadán polo Clima ten o obxectivo de proporcionar un espazo estable de encontro e diálogo que permita tomar decisións informadas e colectivas. Trátase dunha iniciativa pioneira en Galicia, que busca sentar as bases para unha participación cidadá activa en resposta aos grandes retos do século XXI.

O proxecto piloto levarase a cabo no Concello de Pontevedra, cun grupo de traballo composto por persoas que representen a diversidade da súa cidadanía, incluídos os grupos vulnerables. A través de varias sesións nas que se empregarán metodoloxías participativas innovadoras, o Comité Cidadá polo Clima elaborará propostas de medidas e recomendacións para abordar a crise climática a nivel municipal que servirán de guía para o goberno municipal.

O Comité Cidadán polo Clima

O Comité Cidadá polo Clima é un grupo voluntario de persoas locais que se reunirá mensualmente para debater e presentar as súas suxestións para a elaboración de propostas políticas. Concretamente, este grupo analizará o patrón de consumo de alimentos en Pontevedra e elaborará, con apoio científico, propostas para mitigar os efectos do cambio climático relacionados con este patrón.

Cando falamos de patrón de consumo referímonos, por exemplo, a qué alimentos se consumen en maior medida, onde se mercan, a frecuencia de compra e outros aspectos que poden aumentar as emisións de gases de efecto invernadoiro, agravando así o cambio climático.

Este grupo de persoas reunirase en 5 sesións, nunhas xornadas dirixidas por persoal experto, nas que, de forma dinámica e colaborativa, poderán expor as súas opinións respecto da temática que se vai tratar.

O obxectivo é que este GDL sexa un grupo de traballo con bo ambiente, dinámico e que represente a cidadanía de Pontevedra.      

Membros do equipo

Rights reserved: Este material foi realizado co apoio financeiro do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030. O contido do mesmo é responsabilidade exclusiva da entidade subvencionada e non reflicte necesariamente a opinión do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030